Club SAL
O Club SAL é o club de salvamento deportivo federado da localidade Da Laracha (Galicia, A Coruña). O club foi fundado na Laracha no ano 2002, e conta cunha ampla traxectoria deportiva e unha importante canteira con destacados deportistas e adestradores. A súa historia e evolución fan que este club vicenal sexa considerado un equipo referente en Galicia.
O Club SAL conseguiu por primeira vez o premio a mellor club nas categorías conxuntas en 2005. E continuou cunha excelente traxectoria ao longo dos anos conseguindo numerosos premios nas diferentes categorías.
No seu palmarés figuran varios trofeos a nivel de autonómico, Copas de Galicia, Ctos. galegos de augas abertas, Ctos. galegos de augas pechadas, campionatos de España, Copas de España, Campionatos de Europa e Copas de Internacionais.
Algúns dos nosos deportistas foron seleccionados para competir en campionatos de España coa Selección Galega de Salvamento; así como foron convocados para numerosas concentracións coa Selección Española, chegando a competir representando á selección Española.
No ano 2019 nosa deportista Noelia Loureiro participou no Campionato de Europa interclubes en Riccione, Italia. Alí, conseguiu subir ao segundo posto do podio, representando o club, en dúas ocasións e nadar catro finais. Ademais, esta deportista, que comezou a nadar nas categorías menores do club, conseguiu ao longo da súa traxectoria récords autonómicos e nacionais.
Na actualidade o club, dirixido polos técnicos Borja Diez e Noelia Loureiro, loita por obter os mellores resultados respectando os valores deportivos e éticos que sempre caracterizaron ao Club de Salvamento Acuático Laracha, así como axudar ao crecemento do salvamento en Galicia a nivel deportivo.
Respecto
Ensinamos a mostrar pleno respecto co opoñente.
Compromiso
O club ten máximo compromiso para cumprir coas actividades que permitan preparar e desenvolver ao deportista.
Inclusivo
Ningunha discriminación e/ou exclusión dentro do club. Tódolos integrantes teñen dereito a ser respectados e valorados.
Lealdade
Leais cos seus compañeiros, instrutores e club.